martes, 30 de enero de 2024

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 O Día Escolar da Paz e a Non Violencia ten por obxectivo a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.

É unha xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal Vidal. Celébrase todos os anos o “30 de Xaneiro”, que é o aniversario da morte de Gandhi. Este día internacional foi recoñecido pola UNESCO en 1993. 





miércoles, 25 de octubre de 2023

PROPOSTAS DE SAMAÍN

Na biblioteca temos unha chea de propostas para este Samáin , achegádevos a buscar un conto e a disfrutar da nosa biblioteca .




 

A MASCOTA DO COLE DE MOLINA DE SEGURA


 Está claro que a fotografía non é unha das cousas que millor fai o noso Lucho ehhh!!!!  Seica esta é a mascota da biblioteca do cole de Molina de Segura. Pero qué é? Vós tedes idea de qué será?

lunes, 23 de octubre de 2023

O NOSO LUCHO VIAXA ATA MURCIA

O noso Lucho xa chegou a Molina de Segura en Murcia , despois dunha longa viaxe xa está a descansar para poder coñecer mañan aos compañeiros de GAEXANVAMUR  e aos cativos do cole que o esperan moi ilusionados . A fama do noso Luchiño extendese máis alá do noso CRA!!!






sábado, 21 de octubre de 2023

O NOSO LUCHO XA ESTÁ REMATADO

        Todo o alumnado do CRA participou para crear esta obra na que se reflicte a súa visión de Luchto do Peto .Así de chuliño e orixinal quedou esta obra colectiva de todos eles . En breve contarémosvos para que servirá todo este traballo .



 

martes, 7 de junio de 2022

Semana da Biblioteca, terceiro trimestre

Durante esta semana e a próxima estamos de volta todas as escolas por Aido ao fin de novo grazas ó cambio de protocolo. Aquí algunhas mostras das actividades que estánse a realizar no local da Biblioteca relacionadas coas aves, o proxecto de este curso: Búsqueda de pistas para a realización dun puzzle, lectura de contos, consulta de novidades, manualidades creando paxáros con masa , video/conto...

martes, 3 de mayo de 2022

O toque pechado de Pablo Seoane

Seguimos ampliando a sección de adultos esta vez cunha doazón moi especial, nada menos que o libro "O toque pechado" de Pablo Seoane, un músico moi cercano o noso CRA. Nel afonda neste xeito de tocar a gaita de fol para que non se esqueza.

DÍA MUNDIAL DA LIBERDADE DE PRENSA

lunes, 2 de mayo de 2022

Semana de Biblio segundo trimestre 2022

Seguimos coa semana da Biblioteca nas escolas ante a imposibilidade de reunirnos en Aido. Neste trimestre o equipo da Biblio elaborou unha actividade LIM interactiva sobre o conto "O peizoque Roque" e otra máis manual onde o alumnado propoñia palabras fermosas igual que no conto e que se ían añadindo os ovos dunha Bubela ata confeccionar unha especie de "atrapasoños" moi especial. Aquí algunhas fotos de coma foi a actividade na escola de Raxó e de Reis:

Máis novidades inclusivas

Coma comentábamos fai uns días, novos fondos entran en Aido coa temática da inclusividade, pasen e lean!!!

Víches iso?

Este é o título do novo libro que dende a Biblioteca se regala as aulas para este trimestre. Unha publicación que permite seguir afondando no mundo das aves ,sobre todo as galegas, con boas ilustracións e datos interesantes!

martes, 29 de marzo de 2022

Novidades inclusivas!

Estamos renovando non só estéticamente a Biblioteca senón tamén novos libros están xa dispoñibles, nestes días a inclusividade marca a pauta dos novos fondos e máis que irán chegando. Recordade que podedes vir os Xoves de 16:30 a 18:30 !